A archiconocida actriz estadounidense, Eva Longoria, protagonizou unha serie documental dedicada a España, a tierra dos seus ancestros. Baixo o título de Recorriendo España, a texana desgrana, en varios capítulos, a gastronomía e cultura patrias, dándolle un peso importante ó mundo do viño.
No apartado dedicado a Galicia, o cociñeiro ferrolano Daniel López, do restaurante O Camiño Inglés, acompaña á superestrela americana durante unha xornada na cual Longoria coñece de primeira man como se capturan os percebes.
Posteriormente, na praia de San Xurxo, a poucos metros do viñedo da variedade blanco legítimo que cultiva Bodegas El Paraguas na parroquia ferrolana de Esmelle; Longoria, López e dous pescadores locais comparten experiencias e vivencias nunha mesa regada polo viño Astillero 2021. Momento no que Eva Longoria aproveita para brindar cos presentes co viño creado por Marcial Pita e Felicísimo Pereira.




Bodegas El Paraguas vén de recibir, por cuarta vez na súa curta historia, o premio ó Mellor Viño de España segundo a AEPEV (Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino). Este galardón recae no branco líder da firma galega, El Paraguas Atlántico 2022, recoñecido como o Mellor Viño de España na categoría de “Viños Brancos de Crianza en Barrica”.