A vanguardia da gastronomía brinda con El Paraguas Atlántico 2014

O restaurante A Gabeira (Ferrolterra), do que o cociñeiro Miguel Campos dirixe a cociña, presidente do Grupo Nove, celebrou unha xornada de exaltación atlántica para presentar a última añada do viño El Paraguas Atlántico, a 2014. Da man do cociñeiro ferrolán e acompañado dos seus colegas Juan Crujeiras e Javier Olleros, un limitado grupo de sommelieres e xornalistas puido saborear un menú íntimo e exclusivo.

Unha proposta que contou con varios pratos elaborados coas algas que recolecta a empresa de conservas Mar de Ardora na costa galega, regados con tódolos viños elaborados ata a data por Bodegas El Paraguas.

Por primeira vez na súa historia, a firma galega desplegou unha vertical con tódalas añadas vinificadas de El Paraguas Atlántico, a partir de 2011 ata 2014, á que se sumou o limitadísimo viño Fai un Sol de Carallo 2013, mellor branco galego da colleita 2013 según a prestixiosa publicación The Wine Advocate, que dirixe Robert Parker.

O menú deseñado polo Grupo Nove, a base das algas recollidas por Conservas Mar de Ardora e maridada cos viños de Bodegas El Paraguas foi o seguinte:

  • Consomé con alga doce.
    Armonía có viño El Paraguas Atlántico 2014.
  • Cigalita con trufa de mar.
    Armonía có viño El Paraguas Atlántico 2013.
  • Ensalada mariñeira de algas.
    Armonía có viño El Paraguas Atlántico 2012.
  • Zamburiñas con emulsión de codium.
    Armonía có viño El Paraguas Atlántico 2011.
  • Bombón de pataca nova de San Xurxo, percebe e wakamen.
    Armonía có viño El Paraguas Atlántico 2013.