Clube de amigos
Bodegas El Paraguas ofrécelles aos seus clientes e amigos a posibilidade de formar parte do seu Club de Amigos. Se es afeccionado aos viños de calidade, desexas un contacto directo cos creadores de El Paraguas Atlántico e Fai un Sol de Carallo, informarte sobre os seus movementos ou adquirir viños en condicións especiais, éste é o teu club.
Únete ao Club e benvido ao mundo de El Paraguas.
Condicións
O Club de Amigos El Paraguas xorde pola necesidade de corresponder aos nosos inquedos clientes o seu interese por coñecer de primeira man tódalas experiencias da adega. Ademais, pódense beneficiar de importantes promocións, descontos nas súas compras e entradas de balde para os eventos que organiza a firma.
Información: Os socios do clube recibirán, vía correo electrónico ou por servizo postal ordinario, información puntual e privilexiada sobre as accións que desenvolve a adega. Estarán convidados á presentación de novas anadas e eventos que organiza Bodegas El Paraguas, poderán desfrutar de promoción exclusivas, descontos do 10% nas súas compras e acceso aos viños en primicia con anterioridade á súa saída ao mercado. Son algunhas das propostas que recibirán os socios.
Alta de balde: Se es maior de 18 anos e resides no estado español, parabéns, soamente debes cumprimentar o formulario que che facilitamos e te daremos de alta inmediatamente. Sen costes, así de sinxelo.
Ventaxas
Por seres socio do Club non estás obrigado a adquirir os viños de Bodegas El Paraguas, aínda que si terás interesantes vantaxes se queres realizar algunha compra.
Preferencia nas compras dos produtos que vaian saíndo ao mercado. Soamente os socios do club poderán beber viños de Bodegas El Paraguas en rigorosa primicia.
10% de desconto permanente nas súas compras durante toda a súa etapa como socio, realizadas a través do Club de Amigos de Bodegas El Paraguas. Pode facilitarnos un número de conta or realizar o pago no noso e, unha realizado o pago do pedido, enviámosllo de inmediato.
Información polo miúdo dos produtos que adquira, cunha completa ficha do viño e comentarios sobre a súa elaboración e época de consumo.
Garantizamos a nosa profesionalidade nos envíos, para que os viños cheguen en perfecto estado ao seu destino. Comprometémonos a reemprazar algún dos viños se sufrisen algún trastorno durante o transporte.
Responderemos ás súas dúbidas no noso correo de atención ao cliente info@bodegaselparaguas.com. Cualquera cuestión será respondida na medida do posíbel.
Se vostede desexa darse de baixa do club é sinxelo, soamente ten que mandarnos un correo electrónico a info@bodegaselparaguas.com coa súas solicitude.
Fáigase socio
¡Benvido ó Club!
Formulario para ser socio
De acordo có establecido pola Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPD), o cliente/usuario queda informado e presta o seu consentimento á incorporación dos seus datos a un ficheiro do que é responsable BODEGAS EL PARAGUAS, S.L. que foi debidamente inscrito na Agencia Española de Protección de Datos coa finalidade de informarlle sobre os productos e servicios solicitados, así como o envío de comunicacións comerciais sobre os mesmos. Informámoslle tamen sobre os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, que poderá exercer no domicilio social de BODEGAS EL PARAGUAS, S.L., sito en LUGAR ESMELLE, Nº 111 – 15594 FERROL – A CORUÑA.
Informámoslle tamén que os datos personais suministrados non serán cedidos nin comunicados, nin siquiera para a súa conservación, a terceiras persoas.