Quen somos

Felícisimo Pereira e Marcial Pita conforman unha das parellas vitícolas máis avenidas na paisaxe galega, a de Bodegas El Paraguas. A súa relación naceu en 2007, despois de varias degustacións en diferentes consellos reguladores e concursos galegos especializados en viños. Uníronse e así seguen polo amor polos viños que reflicten o terruño e a identidade das uvas, sen subterfuxios, viños delicados e de calidade comprobada.

Felicísimo Pereira é posiblemente o mellor coñecedor do enorme patrimonio vitícola que o Ribeiro oculta. Autor de algúns dos viños máis importantes que se fixeron en Galicia, é o herdeiro dunha vasta tradición vinícola. Pereira pertence á cuarta xeración da súa familia a vivir no mundo do viño e actualmente dirixe unha das asesorías de viños máis notables do escenario nacional. O seu fillo, Iván Pereira, xa bate na porta de Bodegas El Paraguas traballando de forma puntual na adega. A quinta xeración da saga familiar ten o relevo garantizado.

Nomeado en 2011 coa distinción Gallaecia como Mellor Enólogo de Galicia, segundo a prestixiosa Asociación de Sumilleres galega, Felicisimo Pereira é nativo de Ribadavia (1965) e un amante dos viños do atlánticos. Serviu como presidente do Consello da Denominación de Orixe Ribeiro por case dous anos e entre as adegas que asesoria enolóxicamente figuran grandes empresas das áreas de produción máis recoñecidos de Galicia, como Rías Baixas, Ribeiro e Ribeira Sacra.

Marcial Pita

Marcial Pita (Ferrol, 1977) está vinculado ao mundo do viño desde os 16 anos de idade, cando comeza a colaborar no almacén do viño Vinoselección preparando os pedidos. Actualmente, destaca como unha das figuras máis decisivas do novo viño galego. Renomeado xornalista especializado en viño e gastronomía que colabora con algunhas das máis prestixiosas publicacións en España, tamén foi autor de varios libros especializados en viño.

A súa faceta como enólogo iníciase cun proxecto feito a conciencia no 2006, que o elevou á elite nacional de viño, grazas ao tinto El Linze. Despois de varios anos consolidando o seu éxito como enólogo, desde o 2011, todos os seus esforzos están centrados en Bodegas El Paraguas, na terra onde naceu ( Galicia ). En 2017, recibiu o maior recoñecemento da súa parroquia, Esmelle, cando foi nomeado pregoneiro da Romaría Castrexa pola súa aplaudida labor profesional en Bodegas El Paraguas.