The Wine Advocate sitúa a Bodegas El Paraguas na cima dos brancos mundiais

No último número, o 216, de The Wine Advocate, a publicación vinícola máis influinte do planeta, dirixida por Robert Parker, acaba de publicar o seu último análise sobre os viños de Galicia. Dita valoración, escrita polo crítico Luis Gutiérrez, coloca ámbolos dous viños que elabora Bodegas El Paraguas no alto da vitivinicultura mundial e destaca á firma galega, con sólo tres colleitas no mercado, como a máis prometedora do Ribeiro.

Os 93 puntos concedidos ó viño Fai un Sol de Carallo 2013 supoñen a puntuación máis alta para un branco galego elaborado na colleita 2013, mentres que os 92 puntos que otorga The Wine Advocate ó viño El Paraguas Atlántico 2013 confirman a constante evolución cualitativa da casa elaboradora có seu viño máis popular. Ningunha adega galega alcanzara unha valoración media tan alta con máis dun viño presentado.

Marcial Pita e Felicísimo Pereira, os dous creadores de Bodegas El Paraguas, queren agradecer a tódolos seus amigos e clientes a confianza que teñen depositado en Bodegas El Paraguas. “Este hito na nosa xoven carreira supón unha responsabilidade enorme para seguir mellorando no noso traballo e enfocar novos proxectos coa maior profesionalidade”.