Fai un Sol de Carallo 2013, esgotado antes da súa saída ó mercado

O pasado día 1 de decembro saleu á venda o novo viño ‘top’ de Bodegas El Paraguas, o branco Fai un Sol de Carallo 2013. Viño xa esgotado en adega dende fai meses e que os nosos distribuidores internacionais se encargan de repartir a dedo.

Fai un Sol de Carallo 2013 é un viño elaborado na D.O. Ribeiro có triunvirato de grandes uvas autóctonas galegas: a treixadura, a albariño e a godello. Un viño elaborado a partir de unha selección de acios procedentes de vides sitas nos socalcos ou bancales máis favorecidos do noso viñedo prantado en 1892 e que foron elaborados íntegramente nun barril de 500 litros, traída a conciencia dun minúsculo carballal de Borgoña. Tras oito meses de crianza en madeira nova, o viño resultante permanece afinándose en botella ata a súa comercialización.

Debido á limitada producción deste branco, tan sólo 640 botellas, vímonos obrigados a restrinxir o cupo de vendas ós nosos importadores, ós nosos distribuidores exclusivos e ós nosos socios do Club de Amigos.

PVP: Entre 60 e 70 € en vinotecas e tendas especializadas.