El Paraguas Atlántico 2013, Mellor Branco de España en elcatavinos.com

Bodegas El Paraguas non para de sumar inigualables recoñecementos. A terceira colleita do seu branco El Paraguas Atlántico, a 2013, recibiu unha valoración de 95 puntos no portal especializado elcatavinos.com, nun panel no que se evalúan máis de 2.000 vinos españois. Con esta nota, o viño El Paraguas Atlántico 2013 erígese como o Mellor Branco de España na web especializada e dirixida polo periodista integrado na FIJEV Vicente González.

A esta importante valoración, Bodegas El Paraguas suma outras importantes evaluacións. Na Guía de Viños Wine Up 2015, El Paraguas Atlántico 2013 recibiu a puntuación de 91,85 puntos, emprazándose, un ano más, como un dos cen mellores viños de España a ollos de outro periodista integrado na Federación Internacional de Periodistas y Escritores del Vino, Joaquín Parra.

Por último, o diario El País, número un de información xeralista, tamén se facía eco da calidade do ribeiro El Paraguas Atlántico. En este caso, o afamado prescriptor Carlos Delgado otorgaba 9,1 puntos sobre 10 ó branco de Bodegas El Paraguas, destacando o seu nariz evocadora e o seu postgusto expresivamente frutal.