Astillero 2021, Viño Revelación na Guía Peñín 2024

A última edición da máis acreditada das publicacións vitivinícolas en castelán, a Guía Peñín 2024, concedeu o premio Viño Revelación ao branco Astillero 2021, valorado con 95 puntos sobre 100. A segunda colleita do viño elaborado na parroquia ferrolá de Esmelle, no viñedo máis setentrional de Galicia, destaca na publicación como o mellor branco elaborado coa variedade de uva branco lexítimo e como un dos mellores viños de España.

Bodegas El Paraguas recibiu o galardón que recoñece este viño cunha tirada limitada de só 280 botellas no Salón dos Mellores Viños de España. Acto que tivo lugar no recinto de Ifema de Madrid os días 13 e 14 de novembro, onde a firma galega tivo un stand na zona do podio e deu a degustar o viño premiado, así como o resto de brancos que foron valorados na edición 2024 da Guía Peñín.

Astillero 2021 é un viño elaborado con racimos da variedade de uva branco lexítimo. Despois de recollelas manualmente en pequenas caixas, son levadas á adega, onde se realiza unha selección de mesa de gran a gran. Despois da elaboración tradicional en depósitos de aceiro inoxidable cunha temperatura controlada de 15º C, o viño permanece en contacto coas peles durante 7 meses antes de ser embotellado.