Compra os viños de Bodegas El Paraguas na nova tenda web

Tienda Bodegas El Paraguas

Bodegas El Paraguas xa dispón de tenda web. Unha interesante opción para adquirir as últimas anadas dos catro viños de Bodegas El Paraguas: El Paraguas Atlántico, La Sombrilla, Fai un Sol de Carallo e Astillero. Así mesmo e puntualmente, a tenda web tamén dará a oportunidade de mercar algunhas anadas antigas dos viños da firma galega, viños máis saudables para gozar.

Viños para adquirir en caixas de 6 botellas ou en botellas individuais. Ademais, se te rexistras no Clube de amigos de Bodegas El Paraguas, podes beneficiarte dun desconto permanente do 10% nas túas compras, acceso á compra anticipada de viños antes de que saian ó mercado e información detallada dos produtos que adquiras.

Fai clic no enlace e accede á nosa tenda.