Robert Parker outorga a maior puntuación da súa historia a Bodegas El Paraguas


O último número da influínte publicación The Wine Advocate, o publicado a finais de maio do 2020, coñecidos popularmente como os puntos Parker, acaba de publicar as súas valoracións sobre os viños de Bodegas El Paraguas, situándoos, unha vez máis, como algúns referentes na zona do Ribeiro e destacados no panorama español.

Os tres viños producidos por Bodegas El Paraguas no corazón do Val do Avia do Ribeiro sitúanse entre os once mellor valorados pola prestixiosa revista en toda a Denominación de Orixe, cun total de máis de cen viños cualificados e máis de 300 marcas que aparecen no mercado do Ribeiro.

O catador Luis Gutiérrez, responsable das valoracións dos viños nacionais, concedeu 94 puntos Parker ao viño La Sombrilla 2017, situándose como un dos brancos máis valorados de Galicia. Pola súa banda, El Paraguas Atlántico 2018 acadou 93 puntos de valoración, mentres que Fai un Sol de Carallo 2016 obtivo unha maior puntuación de 93+ puntos.

Máis importante se cabe que as valoracións, para Bodegas El Paraguas é fundamental que Luis Gutiérrez, responsable das catas de The Wine Advocate para España, puxese no mapa do viño o viñedo máis setentrional de España, o que Bodegas El Paraguas produce na Parroquia de Esmelle no concello coruñés de Ferrol.