Décimo aniversario de Bodegas El Paraguas

Décimo aniversario de Bodegas El Paraguas
Bodegas El Paraguas celebra unha década de experiencia. Dez anos nos que a firma galega conseguiu posicionarse como unha das adegas líderes no panorama nacional na produción de viños brancos, sendo unha das casas elaboradoras máis destacadas da Denominación de Orixe Ribeiro. Tanto é así, que os seus viños pódense atopar en 15 países dos tres continentes.

O seu segredo non é outro que a alta profesionalidade e saber gozar do traballo todos os días. Marcial Pita e Felicísimo Pereira demostraron ser unha das parellas de empresarios do viño máis axeitadas do panorama actual. Pita, coa xestión do día a día, e Pereira, coa parte técnico-enolóxica, compleméntanse perfectamente neste pequeno proxecto que foi medrando en valor e calidade. Actualmente, os seus viños atópanse nalgúns dos restaurantes máis importantes do mundo. Brancos que reciben o aplauso ao unísono dos críticos especializados máis importantes do planeta.

Nunha situación normal, Bodegas El Paraguas anunciaría diferentes actividades para celebrar este aniversario con clientes e amigos. Por desgraza, Pita e Pereira terán que esperar á evolución da pandemia para poder compartir contigo os seus viños, a súa traxectoria e as súas estrañas historias. En abril chega o seu feliz décimo aniversario e deséxanche, ante a imposibilidade de gozar contigo, boa saúde para todos.