O viño ferrolano Astillero 2020, calificado como o mellor branco lexítimo por Robert Parker

O viño ferrolano Astillero 2020, calificado como o mellor branco lexítimo por Robert Parker

A piques de cumprir once anos de vida, Bodegas El Paraguas acaba de recibir unha das novas máis importantes da súa exitosa traxectoria, gracias á viña que traballa a firma na parroquia de Esmelle (Ferrol). O seu viño Astillero 2020, feito cós racimos da variedade de uva branco lexítimo que a casa elaboradora mima no súa pequena viña ferrolana, recibeu 93 puntos por The Wine Advocate, os coñecidos como puntos Parker. Publicación asociada á Guía Michelín e que pode considerarse, coma esta, a editorial máis influínte e prestixiosa do mundo do viño internacional.

Con estes 93 puntos, o vio Astillero 2020 convírtese no VIÑO MELLOR VALORADO elaborado coa histórica cepa branco lexítimo. Non hai outro viño composto pola variedade branco lexítimo cunha valoración superior no último número de The Wine Advocate Robert Parker, o 259 que saleu o día 28 de febreiro do 2022. Un hito que sitúa ó viño de Esmelle, na súa primeira colleita comercial, como o mellor de todos os que habitan en Galicia, Asturias e León elaborados coa variedade de uva branco lexítimo. O viño, en menos de 24 horas, agotouse na adega; e os clientes solicitaron cupo da añada 2021 que aínda segue elaborándose.

A valoración de Astillero 2020 súmase ó resto de excelentes valoracións que alcanzan os viños que tamén elabora Bodegas El Paraguas no Valle do Avia do Ribeiro. Dende os 94+ de La Sombrilla 2018, pasando polos 94 puntos de Fai un Sol de Carallo 2018 ata os 93+ do coñecido El Paraguas Atlántico 2010. Unha regularidade na calidade reservada a un puñado de adegas en España.