Bodegas El Paraguas, portada en De Vinos

Bodegas El Paraguas protagonizou a portada e unha ampla reportaxe do suplemento de viños máis lido de Galicia, De Vinos, editado por La Voz de Galicia, quinto medio de maior difusión en España. Baixo o titular “Las bodegas gallegas se vuelven atrevidas”, a publicación recoñece o amplo esforzo e o carácter innovador de Bodegas El Paraguas.

Nas páxinas centrais de De Vinos, unha entrevista a Marcial Pita desgrana o proxecto de I + D que Bodegas El Paraguas desenrola na parroquia ferrolana de Esmelle, onde Felicísimo Pereira exerce coma brillante conselleiro vitícola. Alí, a variedade branco lexítimo é a única musa dun par de viñedos que son erguidas como un xardín de probas, onde se avalían varios clons e procedencias desta variedade nativa aínda por descubrir.

Bodegas El Paraguas nace en 2011 grazas ó encontro de dous xóvenes profesionais, pero con experiencia, que invisten todo o seu esforzo e coñecementos en recuperar o esplendor que un día tivo o Ribeiro, un dos mellores viños brancos do mundo. Felicísimo Pereira e Marcial Pita, ámbolos dous destacadas figuras do panorama vitivinícola galego, únense para crear un branco único: El Paraguas Atlántico 2011. Móvelles un espírito innovador, que pretende empregar as tecnoloxías máis punteiras para relanzar un viño singular, con séculos de historia.