El Paraguas Atlántico, na élite dos brancos mundiais segundo Parker

El Paraguas Atlántico 2012 volve a estar de noraboa. A cata publicada no número 209 da revista americana The Wine Advocate, dirixida polo influinte abogado Robert Parker, acaba de calificalo con 91+ sobre 100, situándose como un dos mellores brancos nacionais, á altura dos mellores brancos mundiais, en tan só dúas colleitas no mercado.

No artigo firmado polo crítico Luis Guitérrez, a publicación referente internacional comenta sobre o viño de Bodegas El Paraguas que se trata dun branco “repleto de aromas, elegante, complejo, mineral e de longo postgusto”, sentencia a revista. Unha valoración moi importante para a xove adega galega, xa que superar os 90 puntos Parker xenera unha interese sin parangón nos mercados mundiales de viño.

Bodegas El Paraguas nace en 2011 grazas ó encontro de dous xóvenes profesionais, pero con experiencia, que invisten todo o seu esforzo e coñecementos en recuperar o esplendor que un día tivo o Ribeiro, un dos mellores viños brancos do mundo. Felicísimo Pereira e Marcial Pita, ámbolos dous destacadas figuras do panorama vitivinícola galego, únense para crear un branco único: El Paraguas Atlántico 2011. Móvelles un espírito innovador, que pretende empregar as tecnoloxías máis punteiras para relanzar un viño singular, con séculos de historia.