El Paraguas Atlántico 2012 vístese de gala na súa presentación

Lugo acolleu o martes 18 de xuño a presentación oficial da última añada de El Paraguas Atlántico que elabora Bodegas El Paraguas, a colleita 2012. Tras a súa primeira añada 2011, na que El Paraguas Atlántico se convirteu no viñó revelación (Mellor Branco de España) e nunha das mellores sorpresas vinícolas a ollos da crítica; a segunda añada da adega galega pretende superar en calidade á inaugural.

Da man da periodista experta en viños e presidenta da asociación de sumilleres Gallaecia, Mercedes González, Bodegas El Paraguas realizou unha presentación doble nas instalacións do Club de Cata Vitislucus que se atopa en pleno centro de Lugo, un pequeno local situado en plena rúa dos viños (Rúa Nova, 7). Tanto ás 18:00 horas (primeira convocatoria para Horeca) como ás 20:00 horas (aficionados e prensa), os asistentes puideron disfrutar, en rigurosa primicia, da nova añada 2012 de El Paraguas Atlántico e comparala coa orixinaria e premiadísima 2011. Viños que acercaron os seus creadores, Felicísimo Pereira e Marcial Pita.

Bodegas El Paraguas nace en 2011 grazas ó encontro de dous xóvenes profesionais, pero con experiencia, que invisten todo o seu esforzo e coñecementos en recuperar o esplendor que un día tivo o Ribeiro, un dos mellores viños brancos do mundo. Felicísimo Pereira e Marcial Pita, ámbolos dous destacadas figuras do panorama vitivinícola galego, únense para crear un branco único: El Paraguas Atlántico 2011. Móvelles un espírito innovador, que pretende empregar as tecnoloxías máis punteiras para relanzar un viño singular, con séculos de historia.