El Paraguas Atlántico 2011, Mellor Branco de España

Bodegas El Paraguas vén de recibir a maior condecoración nasúa breve pero exitosa traxectoria. A Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino premiou o seu primeiro branco, El Paraguas Atlántico 2011, como Mellor Viño de España na categoría de Brancos. Bodegas El Paraguas recollerá o galardón o vindeiro mes de marzo durante un almorzo de gala ao que teñen pensado asistir, porén dos seus creadores tanto o ferrolán Marcial Pita como o ribadaviense Felicísimo Pereira– a presidenta da AEPEV, María Isabel Mijares.

Bodegas El Paraguas nace en 2011 grazas ó encontro de dous xóvenes profesionais, pero con experiencia, que invisten todo o seu esforzo e coñecementos en recuperar o esplendor que un día tivo o Ribeiro, un dos mellores viños brancos do mundo. Felicísimo Pereira e Marcial Pita, ámbolos dous destacadas figuras do panorama vitivinícola galego, únense para crear un branco único: El Paraguas Atlántico 2011. Móvelles un espírito innovador, que pretende empregar as tecnoloxías máis punteiras para relanzar un viño singular, con séculos de historia.