El Paraguas Atlántico 2011, mellor branco do mes para as prestixiosas Sobremesa e Vinum

Bodegas El Paraguas mantén o seu idilio coa crítica especializada grazas ao seu primeiro viño. El Paraguas Atlántico 2011 tivo un éxito rotundo, recibindo excelentes valoracións en diversos medios de comunicación e publicacións especializadas.

Tras recibir a esixente distinción Gallaecia que outorga a Asociación de Sumilleres de Galicia, premio que se outorga tras unha dobre cata cega e baixo a adquisición das mostras en lugares de venda ao público; El Paraugas Atlántico 2011 tamén se viu favorecido pola crítica da prestixiosa revista Sobremesa, que o puntúa en rigorosa cata cega como o “Mellor Branco” do mes de xuño. As boas noticias para Bodegas El Paraguas non rematan aí. A revista Vinum, publicación internacional de viños con maior disusión en España, tamén o considerou o “Mellor Viño” do mes no seu número de outubro.

Bodegas El Paraguas nace en 2011 grazas ó encontro de dous xóvenes profesionais, pero con experiencia, que invisten todo o seu esforzo e coñecementos en recuperar o esplendor que un día tivo o Ribeiro, un dos mellores viños brancos do mundo. Felicísimo Pereira e Marcial Pita, ámbolos dous destacadas figuras do panorama vitivinícola galego, únense para crear un branco único: El Paraguas Atlántico 2011. Móvelles un espírito innovador, que pretende empregar as tecnoloxías máis punteiras para relanzar un viño singular, con séculos de historia.