El Paraguas Atlántico 2011 conquista á crítica especializada

Bodegas El Paraguas sorprendeu á crítica co seu primeiro viño. El Paraguas Atlántico 2011 tivo un éxito rotundo, recibindo excelentes valoracións en diversos medios de comunicación e publicacións especializadas. En menos de dous meses, este magnífico ribeiro con crianza xa estivo en boca de importantes expertos en viño, conquistando a todos os padais que o degustaron.

O primeiro branco de Bodegas El Paraguas cumpriu as expectativas xeradas en torno ao seu nacemento e os seus creadores, Marcial Pita e Felicísimo Pereira. Medios como La Razón, Cadena Ser, La Voz de Galicia e El Correo Gallego fixéronse eco da súa saída ao mercado e obtivo elevadas cualificacións, por exemplo, no portal especializado elcatavinos.com, que lle concedeu 93 puntos. “Seis mil joyitas dun branco único” ou “perfecto” son só algúns dos cumprimentos que lle dedicaron a este branco que tamén foi valorado como “Mellor viño branco” do mes de xuño na prestixiosa publicación Sobremesa.

Bodegas El Paraguas nace en 2011 grazas ó encontro de dous xóvenes profesionais, pero con experiencia, que invisten todo o seu esforzo e coñecementos en recuperar o esplendor que un día tivo o Ribeiro, un dos mellores viños brancos do mundo. Felicísimo Pereira e Marcial Pita, ámbolos dous destacadas figuras do panorama vitivinícola galego, únense para crear un branco único: El Paraguas Atlántico 2011. Móvelles un espírito innovador, que pretende empregar as tecnoloxías máis punteiras para relanzar un viño singular, con séculos de historia.