Astillero 2015, primeiro viño ferrolán


Recoñecida pola súa valor vitivinícola no marco do val do Avia (Ribeiro), Bodegas El Paraguas presentou o pasado día 27 de setembro, en doble convocatoria, a primeira colleita producida pola firma do vino Astillero 2015, o primeiro branco producido na comarca de Ferrolterra.

Astillero 2015 é un viño concibido na parroquia de Esmelle (Ferrol) coa variedade documentada máis antiga de Galicia, a uva branco lexítimo. Os acios cos que foi desenvolto este viño proceden dunha parcela exposta e orientada hacia o sol de mediodía, ocupando un cuarto de hectárea de terreo.

Este branco experimental e sin carácter comercial foi producido en colaboración do CFEA de Guísamo, organismo dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que cedeu as súas instalacións e o seu esforzo para materializar este viño de ridícula tirada, Bodegas El Paraguas presentou o pasado día 27 de setembro, en doble convocatoria, a primeira colleita producida pola firma do vino tan só 47 botellas.

A presentación oficial do viño tivo lugar no Restaurante Modesto, a onde asistiron os hosteleiros e sumilleres máis importantes de Ferrolterra (Modesto, A Gabeira, Muiño do Vento, Bacoriño, O Camiño Inglés, Mesón Picasso ou Mesón Alfonso; entre outros). Máis tarde, antes os seus paisanos de Esmelle, Marcial Pita –responsable de Bodegas El Paraguas xunto a Felicísimo Pereira- levou a cabo outra degustación do viño Astillero 2015 ante os seus veciños.