O viño El Paraguas Atlántico 2015 estrea ‘look’

Có asentamento na nova propiedade elaboradora situada en Cenlle (Val do Avia – Ourense), Bodegas El Paraguas aproveita a ocasión para presentar o novo look dos viños que se produciron na súa nova adega. Desta maneira, dende esta semana xa está dispoñible á venda, a través da súa distribuidora exclusiva e en tendas especializadas, a quinta vendima do viño máis popular da adega, El Paraguas Atlántico 2015.

Cunha producción limitada a 6.400 botellas, mesma cantidade que na colleita precedente de 2014, o novo Paraguas cambia absolutamente de imaxe, dende a botella, pasando pola cápsula de cera y, por suposto, a etiqueta que viste este branco firmado por Bodegas El Paraguas.

O concepto do novo diseño potencia icónicamente o nome do viño, ilustrando con sentido do humor as peculiares e ás veces difíciles condicións climáticas da terra onde se cultiva. Vestido nunha botella borgoñona isis, El Paraguas Atlántico 2015 foi vinificado cun 85% de treixadura, que foi mesturado cun 11% de godello e un 4% de albariño. Un branco que interpreta a natureza de las vendimas, pero que sempre ofrece un estilo común moi identificable.