Sae á rúa Fai un Sol de Carallo 2014, agotado en adega dende outubro

A segunda añada de Fai un Sol de Carallo, a 2014, está lista para comezar a súa comercialización o próximo 29 de febreiro. Como en colleitas anteriores e debido a que Bodegas El Paraguas só embotella os froitos seleccionados dun pago en particular, a produción é moi limitada, tan só 780 botellas. Dita privilegiada tirada acabouse no pasado outubro, repartindo a cota para os nosos distribuidores exclusivos de nove países en tres continentes.

Ao contrario da añada anterior, a colleita 2014 foi envellecido por dez meses nun barril novo de maior capacidade, 600 litros, aínda que o mesmo carballo e tanoaria borgoña. O máis notable no seu perfil organoléptico é a ausencia de botrytis cinerea nesta colleita, perdendo así os toques suaves que caracterizaron Fai un Sol de Carallo 2013; pero gaña en tipicidade, un aspecto que Marcial Pita e Felicisimo Pereira perseguían obsesivamente.

Fai un Sol de Carallo 2014 é un viño creado na D.O. Ribeiro co triunvirato de grandes uvas indíxenas de Galicia: a treixadura, albariño e godello. Un viño feito a partir dunha selección de uvas procedentes de viñas situadas nos socalcos e bocanales máis favorecidos dun viñedo prantado en 1892 e foron preparados integramente nun barril de 600 litros.

PVP: Entre 60 y 70 € en vinotecas e tiendas especializadas.