Bodegas El Paraguas completa a súa primeira vendimia en Ferrol

O pasado día 28 de setembro iniciouse unha nova páxina no mundo da vitivinicultura nacional. Bodegas El Paraguas completou satisfactoriamente a primeira vendimia de unha das súas videiras na parroquia ferrolana de Esmelle, ata a data, os viñedos de calidad máis septentrionais da Península Ibérica.

A pesar da xuventude das cepas da variedade de uva branco lexítimo cultivadas en Esmelle e das que Bodegas El Paraguas non contemplaba elaborar o primeiro viño ferrolano na colleita 2015, unha primavera excepcionalmente atípica e calurosa brindou un bon callado dos acios de branco lexítimo e que a firma elaboradora contemplara a posibilidade de vinificar ditas uvas. Tras a vendimia dos acios o pasado día 28, estes foron levados ó CFEA de Guísamo que xestiona a Xunta, onde se iniciou o proceso de elaboración de 60 quilogramos de uva seleccionada na viña esmudiense, cuia fermentación alcólica arrancou nun pequeno depósito de aceiro inoxidable de 50 litros.

O primeiro viño de Ferrol, aínda sin nome nin carácter comercial, verá a luz a principios do 2016 xunto con outros proxectos de I + D que desenrola Bodegas El Paraguas coa área de viticultura do CFEA de Guísamo que dirixe Xosé Antonio Meixide ‘Tonecho’ e que goberna Xosé Lois Arenas.

Bodegas El Paraguas nace en 2011 grazas ó encontro de dous profesionais novos, pero con experiencia, que invirten todo o seu esforzo e coñecementos en recuperar o esplendor do que un día gozou o Ribeiro, un dos mellores viños brancos do mundo. Felicísimo Pereira e Marcial Pita, ambos destacadas figuras do panorama vitivinícola galego, únense para crear brancos únicos como El Paraguas Atlántico e o ‘top’ Fai un Sol de Carallo.