El Paraguas Atlántico 2022, mellor viño de España para a prensa especializada

Bodegas El Paraguas vén de recibir, por cuarta vez na súa curta historia, o premio ó Mellor Viño de España segundo a AEPEV (Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino). Este galardón recae no branco líder da firma galega, El Paraguas Atlántico 2022, recoñecido como o Mellor Viño de España na categoría de “Viños Brancos de Crianza en Barrica”.

El Paraugas Atlántico 2022 foi galardoado con esta importante distinción tras a decisión dos case 200 membros da asociación da prensa vitivinícola española. É importante destacar que os Premios AEPEV non son un concurso ou degustación típico. Estar incluído entre os produtos a avaliar é só potestade dos líderes de opinión (socios da AEPEV) en función das noticias xeradas durante o ano e considerando tamén os produtos degustados por eles ao longo do 2023. A relación entre produtores e comunicadores xera noticias e estas popularizan os viños. Estes Premios AEPEV recoñecen o mellor, segundo o criterio particular de cada un dos nosos socios.

Os membros da AEPEV elixiron 451 viños e 108 espirituosos, que tras a primeira selección determinaron a táboa de FINALISTAS con 155 viños, 59 espirituosos e 10 vermús que foron votados na segunda volta polos xornalistas e cuxo resultado permitiu a Bodegas El Paraguas gañar o galardón que recollerá a próxima primavera nun acto organizado pola AEPEV con algúns dos prescriptores máis importantes de España.