Fai un Sol de Carallo 2016, homenaxe ó gran Freijido


Aínda afinándose na adega establecida en Cenlle (Ourense), a derradeira añada embotellada do vino ‘top’ de Bodegas El Paraguas, Fai un Sol de Carallo 2016, servirá para homenaxear ó bisavó de Felicísimo Pereira que, en 1892, plantou a finca coñecida como Viña La Cabrita. Antonio Freijido Blanco descartou a idea de darlle peso á variedade palomino, procedente da área de Jerez e moi demandada daquela, e apostou polos varietales autóctonos que habitaban no Ribeiro antes de 1889, cando a filoxera arrasou os viñedos de Ribadavia.

Precisamente na añada 2016, a Viña La Cabrita cumpriu 125 ciclos vexetativos e Fai un Sol de Carallo 2016 será a máxima expresión de dito pago. Sito a unha altitude sobre o nivel do mar de entre 67 e 104 metros, o viñedo do que nace este branco con 12 meses de crianza nunha barrica de carballo francés de segundo uso está composto por solos arenosos –sábrego- de base granítica.

Fai un Sol de Carallo 2016 é un viño concebido na D.O. Ribeiro có triunvirato de grandes uvas autóctonas galegas: a treixadura, a albariño e a godello. Un viño elaborado a partir de unha selección de racimos procedentes de vides sitas nos socalcos ou bancales máis favorecidos deste viñedo que xa forma parte da historia da viticultura en Galicia.