El Paraguas repite como Mellor Viño de España


Por segunda vez na súa curta historia, Bodegas El Paraguas recibe o máximo recoñecemento da Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino (AEPEV) para o viño El Paraugas Atlántico. O branco de cabeceira da adega galega foi nomeado Mellor Viño de España, na categoría de brancos realizado anualmente pola asociación presidida por José Luís Murcia.

Aínda que Bodegas El Paraguas non presenta os seus viños a concursos, a oitava edición de Los Mejores Vinos y Espirituosos de España é unha competición diferente, xa que son membros da AEPEV, que nunha votación a doble volta deciden que viños españois deben competir por este premio.

A votación na que participaron máis do 90% dos seus membros e que tiveron que decidir entre as 1.055 marcas comercializadas na primeira fase da competición, dos cales pasaron á final un total de 143 viños e 41 espíritos nos 11 capítulos os que optaban. Un sistema de clasificación moi riguroso que deu como resultado o premio para o viño El Paraguas Atlántico 2014.

O premio que recibirán Felicisimo Pereira e Marcial Pita, ideólogos e propietarios de Bodegas El Paraguas, será entregado no abril próximo durante unha cea de gala que se celebrará en Moriles (Córdoba) e para a que xa anunciaron a súa presenza tanto autoridades da Comunidade Autónoma de Andalucía como as xuntas directivas do FIJEV (Federación Internacional de Periodistas y Escritores del Vino) e da AEPEV.