Os viños de Bodegas El Paraguas, nos restaurantes "tops" do mundo


A lista dos mellores restaurantes do mundo que publica a empresa San Pellegrino, “The World’s 50 Best Restaurants 2019“, volveu sitar á restauración española na élite mundial, posicionando a 7 cociñas nacionais entre o privilexiado grupo dos mellores restaurantes do planeta.

Unha gran noticia que toca de preto a Bodegas El Paraguas, xa que a firma galega pode presumir de manter unha relación comercial con algúns deles, a maioría deles sitos en territorio nacional.

Asador Etxebarri (3º), Mugaritz (7º), Disfrutar (9º), Azurmendi (14º), Tickets (20º), Elkano (30º) e Nerúa Guggenheim Bilbao (32º) son os sete establecementos españois posicionados no listado que, nos últimos tempos, dunha maneira ou outra, ofreceron ou siguen brindando ós seus clientes os viños de Bodegas El Paraguas.